Quén somos

A Formiga é unha compañía de teatro nova, creada no 2019 na Coruña polos actores Daniel Celester e Silvia V Lorenzo, que constitúen o equipo artístico estable da compañía. En función dos requerimentos de cada espectáculo, A Formiga vai facendo crecer o equipo contando con distintos profesionais galegos, como é o caso do director Gustavo del Río, quen foi responsable do acompañamento no proceso creativo e dramatúrxico de Alén en 2020 ou o dramaturgo Ismael G. Candal, autor da primeira parte da obra, “Limbo”.

O Equipo artístico da Formiga comezou a traballar xuntos no 2017, cando crearon con dous actores coruñeses máis a compañía Re-Vuelta Teatro, coa que levaron diversas montaxes de teatro breve a distintas salas da Coruña e Santiago de Compostela, como o Baba Bar, a sala No Importa, La Tuerka, Ese Sitio ou A Regadeira de Adela.

Ata o de agora, as montaxes que viron a luz da nosa man son “36 metros cúbicos”, de José Mejuto, “18 de novembro” de Daniel Currás e “Limbo”, escrita por Ismael G. Candal para a nosa compañía.

Daniel Celester Daniel Celester

Silvia Lorenzo Silvia Lorenzo

@danielcelester @danielcelester

@lasilvialorenzo @lasilvialorenzo

Nosas montaxes

A Formiga conta con dous espectáculos teatrais de creación orixinal:

Alén

Comedia negra. Peza de 65 minutos de creación colectiva e dirixida por Gustavo del Río.

Mamá acaba de morrer; e agora, que? O primeiro espectáculo de longa duración da Formiga narra a viaxe (tanto física como espiritual) que realizan dous irmáns despois de que a súa nai fine e teñan que improvisar as súas exequias. Unha peza que fala sobre a nosa cultura, o noso folklore... sobre os nosos medos, contradiccións e sobre todo sobre a dor que sucede á morte da man destes dous personaxes completamente distintos entre si que terán que poñerse de acordo en cuestións tan básicas como que facer co cadáver.

Limbo

Teatro mínimo. Dramatización de 25 minutos creada por Ismael G. Candal.

Alegoría sobre as relacións humanas dende una perspectiva actual, unha alta dose de humor negro e estética pop. O argumento xira arredor de que unha inquietante asasina chega ás portas do ceo. Alí atopa a un esgotado porteiro que, por algunha secreta razón, non a vai querer deixar pasar tan rápido como debera... O choque de trens será imprevisible, nunha comedia ácida con dous posibles finais onde a colaboración do público será definitiva.

Contacta con nós

Na dirección de correo info@aformiga.eu ou cubrindo o seguinte formulario